Visual sampling training tools

As mostraxes baseadas na observación visual poden ser de utilidade para a avaliación de certas variables en áreas que requiren unha determinación rápida ou de difícil acceso.

A aplicación ARouSA inclúe unha serie de ferramentas de adestramento para mostraxes visuais que poden ser de utilizade para o entrenamento das persoas que realizan avaliacións visuais.

Algunhas das ferramentas de adestramento (Visual sampling training tools) para mostraxes visuais poden ser executadas en liña. Outras están accesibles a través da aplicación ARouSA unha vez que esta é instalada.

As ferramentas de adestramento accesibles dende a aplicación ARouSA son arquivos excel baseados en macros de Excel 2003 y 2016 editadas con Microsoft Visual Basic 6.3. Para que estas macros poidan funcionar estableza a seguridade de macros de Excel en nivel baixo (Menú de Excel – Opciones – Centro de confianza – Configuración del centro de confianza – Configuración de macros – Habilitar todas las macros). Habilite as macros cando Excel llo solicite. Na configuración rexional o separador de decimais debe ser punto (.) e o de miles a coma (,). Para o  correcto funcionamento pode ser preciso que Excel teña instalados os complementos “Ferramentas para análise” e “Ferramentas para análise- VBA” (Menú de Excel – Ferramentas – Complementos Ferramentas para análise).